Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e concello de Vilalba, termos o próximo luns 15 de Marzo ás 18.30h á representación da obra teatral "Buscando a Hillary", que terá lugar no Auditorio Carmen Estévez, con entrada gratuita.
REPARTO:
Blanca Marsillach, Fran Sariego, Miguel Foronda
AUTORA: Elise Varela FICHA ARTÍSTICA: Texto orixinal: Elise Varela Tradución e adaptación:Paloma López Vázquez Dirección: Esteve Ferrer Axudante dirección:Sara Moros Escenografía: Ana Garay Iluminación:Juanjo Llorens Vestiario:Eduardo Acedo Son:Víctor Rodríguez Ruiz Fotografía:Pedro Gato Deseño gráfico:José Javier González Varela Producciones y La Compañía de Blanca Marsillach “BUSCANDO A HILARY” SINOPSE: Nesta retorcida e cínica comedia, Hilary, avogada de éxito aos seus corenta anos, está estancada nun punto decisivo da súa vida. Ela sospeita que existe unha forma mellor de vivir e que xusto non pode ser o que foi ata agora. Estes pensamentos inician o proceso de acordar ao coñecemento de quén é ela realmente. E mentres loita por atopar o camiño de volta a cordura, está confrontada co seu propio autodemo e ego, Wilpuck. Wilpuck vive coa ilusión de que pode dicirlle a ela que é o correcto ou o equivocado. Todo nun esforzo por controlala, ensinándolle o que ela é ou non é, cómo debe actuar ou non actuar, engadíndolle medo e dúbida a cada unha das súas decisións. Wilpuck é un problema que soamente Hilary pode resolver. Esta é unha historia sobre unha muller que afronta os conflitos e loita por mudar. O reto de liberarse da abrumadora posesión do seu propio ego. Tres actores, divertidamente caracterizados, dan un imaxinativo e contemporáneo xiro cara un excitante camiño de volta á cordura, a cal, todos sentimos nalgún momento ou outro, perdemos no camiño.
Concello de Vilalba - info@vilalba.org
Praza da Constitución, 1 - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 510 305 - Fax: 982 511 815